Esta é a historia dun home que tiña unha muller moi caprichosa e que sempre lle andaba a rompe-la cabeza que quería un cabalo que se poidera montar dende o chan.
O home, que quería ter a muller contenta, marchou un día a feira a mercarlle o cabalo. De camiño a feira topou con dous homes que lle preguntaron ónde ía, e Xan, que así se chamaba, contoulle as súas intencións. Vendo unha oportunidade única, dixeronlle a Xan que llo vendían eles, e Xan, contento e agradecido por aforra-la viaxe ata a feira, mercoullo a un prezo que se lle antoxou barato xa que, ademais de ter un rabo moi bonito, podíase montar dende o chan como quería a súa muller, sen darse conta de que, o que realmente lle venderan, era un raposo. Cando marchaba có animal, lembrou que non lles preguntara o nome do cabalo, e os avispados que llo venderon dixeronlle que o nome era seibaloynolocojerás.
Cando chegou a casa foi correndo a contarllo a muller i ela preguntoulle:
Muller (M): ¿Ónde deixache-lo meu cabaliño?
Xan (X): Deixeino no prado pacendo...
(M): ¿E que nome lle puxeches?
(X): Xa tiña nome, chámase seibaloynolocojerás
A muller, que de tonta non tiño un pelo, empezou a sospeitar, e sairon o prado correndo para ver que raza de cabalo lle venderan ó probe de Xan. Xa non estaba...
(M): ¿Dónde vai o cablo? Xa te enjanaron outra vez. ¡Vai buscar por él e non volvas ata que o atopes!
Marchou o pobre de Xan en pos do seu cabaliño polo mundo arriba chamando por él. (X): seibaloynolocojeraaaás...! seibaloynolocojeraaaás...!!
A mala sorte que acompañaba o noso amigo fixo que pasara por un pescador que levaba varias horas sen coller nada e, xunto neses intres subía un bo peixe. Oíndo o que berraba Xan, foi onda él de moi mal humor... Pescador (P): Levo dende a madrujada sen pescar nada e ajora que me pica un peixe ves ti berrando seibalo y no lo cojerás!
Coas mesmas pegoulle un sopapo a Xan que non entendía nada pero acertou a preguntarlle (X): ¡Ai señor homiño!, ¿e como teño que decir lojo? (P): O que tes que berrar é: Sento e medio cada día!!
Alá marchou Xan cun ollo morado en busca do seu cabaliño berrando por él. (X): sentoemediocadadiiiía...! sentoemediocadadiiiía!!
Berrando polo seu animal topou de fronte cun enterro. A xente que acompañaba ó morto escoitouno e abalanzaronse sobre él empezando a golpealo. Xente do enterro (Xe): Coa epidemia de jripe que estamos sufrindo aínda vés ti berrando sento e medio cada día... ¡Desjrasiado!
(X): ¡Ai! Non me pejedes mais oh!... ¿como teño que desir lojo?
(Xe): Tes que desir Pater Nostrum por su alma!
Deixaron ferido os do enterro o desgraciado de Xan que collendo folgos continuou a busqueda do seu cabaliño. (X): paternostrumporsualma...! paternostrumporsualma...!!!
Pero velaí que a sorte que acompañaba a Xan lle fixo outro guiño cruzandose cun casamento. A comitiva parou a escoitar o que estaba berrando e, cheos de rabia, comenzarn a insulta-lo e cuspirlle dicíndolle: Xente da boda (Xb): ¿Ainda acaban de casar agora estos dous rapaces e ti xa lles ves dicindo iso? Que queres, ¿que te matemos?
(X): ¡Ai non señoriños! ¿Que é o que teño que desir lojo?
(Xb): Tes que dicir: O que a leve que a joda
Volta outra vez en busca do cabalo o pobre de Xan berrando por él... (X): oquealevequeajoda...! oquealevequeajoda...!!! - cando se cruza con él unha parella de granxeiros que viñan da feira cunha porca que acababan de mercar. Pensando que llo estaba a decir a eles, pegaronlle outra tunda a Xan, que non entendía nada, pero, coa experiencia anterior, preguntoulles que era o que tiña que decir, o que os granxeiros respostaronlle (G): Tes que desir... Que a coma de ben jorda.
Así que volta na procura do seu cabalo berrando (X): queacomadebenjorda...! queacomadebenjorda...!! - foi a mala sorte a que fixo que destrás dun petón por ónde estaba a pasar atopábase un home cagando. Este, ó oir a Xan o que berraba, foi cara él e doulle outra malleira.
Xan xa estaba moi mal, pero tiñalle mais medo a muller se voltaba sen o cabalo do que lle tiña ó que lle poidera pasar na busqueda que estaba a facer, polo que, como poido, preguntoulle ó home que o acababa de mallar que era o que tiña que decir. Este dixolle que tiña que decir: Ajua jorda que a barra. Co que voltou Xan ó seu labor berrando polo cabalo (X): ajuajordaqueabarra...! ajuajordaqueabarra...!!!
Resulta que cando estaba a berrar esto pasou por uns labregos que estaban a sementa-la leira e lanzaronse enriba del cos sachos ó escoita-lo, dicindolle: Labregos (L): É a cuarta ves este ano que sementámo-la terra por culpa da peste e ajora vés ti desindo que ajua jorda que a leve...?
Para que lle deixaran de pegar, Xan preguntoulles cómo querían que dixera ó que lle dixeron que debía decir: Dios a dea jorda e brava.
De novo Xan a berrar polo mundo arriba (X): diosadeajordaebrava...! dioadeajordaebrava...!!
Outra vez se volve a cruzar cun home; esta vez cun que estaba enfermo de sarna. Enfermo (E): Xa non podo mais coa miña vida, que esta enfermidade estame a matar, e ainda ves ti a dicirme que Dios a de jorda e brava...
E coas poucas forzas que tiña doulle outra tunda a un Xan que non tiña xa corpo para defenderse. Resignado a súa sorte preguntoulle ó home.
(X): ¡Ai! Perdoe señor homiño!... ¿como teño que desir lojo?
(E): Tes que desir Que se lle seque nas mans!
(E): Tes que desir Que se lle seque nas mans!
Case a rastras segueu Xan a busca-lo que lle escapara berrando por él. (X): quesellesequenasmans...! quesellesequenasmans...!!! - De ahí nun anaco, topou cun cura que estaba mexando contra unha parede, e, todo indignado, foi cara Xan berrandolle: Cura (C): Fixenme cura porque a teño moi pequena e ves ti ajora desindo que se me seque nas mans!
Cando chegou onda él doulle un golpe na cabeza cun bastón que levaba, con tan mala sorte (e tendo en conta que Xan xa estaba en moi mal estado) que o matou.
E aquí remata a historia do pobre Xan que encontrou a morte con moito sufrimento por ter contenta a súa muller...
Conto enviado por: Pastora Baña
Contaballo: Seu pai Luciano
Cóntame Pastora que non se lembra se había mais personaxes nin se remataba exactamente así pero que, mais ou menos, é como se acorda ela de como llo contaba seu pai primeiro os fillos e depois os netos.
