Seibaloynolocojerás

Esta é a historia dun home que tiña unha muller moi caprichosa e que sempre lle andaba a rompe-la cabeza que quería un cabalo que se poidera montar dende o chan.
O home, que quería ter a muller contenta, marchou un día a feira a mercarlle o cabalo. De camiño a feira topou con dous homes que lle preguntaron ónde ía, e Xan, que así se chamaba, contoulle as súas intencións. Vendo unha oportunidade única, dixeronlle a Xan que llo vendían eles, e Xan, contento e agradecido por aforra-la viaxe ata a feira, mercoullo a un prezo que se lle antoxou barato xa que, ademais de ter un rabo moi bonito, podíase montar dende o chan como quería a súa muller, sen darse conta de que, o que realmente lle venderan, era un raposo. Cando marchaba có animal, lembrou que non lles preguntara o nome do cabalo, e os avispados que llo venderon dixeronlle que o nome era seibaloynolocojerás.
Cando chegou a casa foi correndo a contarllo a muller i ela preguntoulle:
Muller (M): ¿Ónde deixache-lo meu cabaliño?
Xan (X): Deixeino no prado pacendo...
(M): ¿E que nome lle puxeches?
(X): Xa tiña nome, chámase seibaloynolocojerás
A muller, que de tonta non tiño un pelo, empezou a sospeitar, e sairon o prado correndo para ver que raza de cabalo lle venderan ó probe de Xan. Xa non estaba...
(M): ¿Dónde vai o cablo? Xa te enjanaron outra vez. ¡Vai buscar por él e non volvas ata que o atopes!
Marchou o pobre de Xan en pos do seu cabaliño polo mundo arriba chamando por él. (X): seibaloynolocojeraaaás...! seibaloynolocojeraaaás...!!
A mala sorte que acompañaba o noso amigo fixo que pasara por un pescador que levaba varias horas sen coller nada e, xunto neses intres subía un bo peixe. Oíndo o que berraba Xan, foi onda él de moi mal humor... Pescador (P): Levo dende a madrujada sen pescar nada e ajora que me pica un peixe ves ti berrando seibalo y no lo cojerás!
Coas mesmas pegoulle un sopapo a Xan que non entendía nada pero acertou a preguntarlle (X): ¡Ai señor homiño!, ¿e como teño que decir lojo? (P): O que tes que berrar é: Sento e medio cada día!!
Alá marchou Xan cun ollo morado en busca do seu cabaliño berrando por él. (X): sentoemediocadadiiiía...! sentoemediocadadiiiía!!
Berrando polo seu animal topou de fronte cun enterro. A xente que acompañaba ó morto escoitouno e abalanzaronse sobre él empezando a golpealo. Xente do enterro (Xe): Coa epidemia de jripe que estamos sufrindo aínda vés ti berrando sento e medio cada día... ¡Desjrasiado!
(X): ¡Ai! Non me pejedes mais oh!... ¿como teño que desir lojo?
(Xe): Tes que desir Pater Nostrum por su alma!
Deixaron ferido os do enterro o desgraciado de Xan que collendo folgos continuou a busqueda do seu cabaliño. (X): paternostrumporsualma...! paternostrumporsualma...!!!
Pero velaí que a sorte que acompañaba a Xan lle fixo outro guiño cruzandose cun casamento. A comitiva parou a escoitar o que estaba berrando e, cheos de rabia, comenzarn a insulta-lo e cuspirlle dicíndolle: Xente da boda (Xb): ¿Ainda acaban de casar agora estos dous rapaces e ti xa lles ves dicindo iso? Que queres, ¿que te matemos?
(X): ¡Ai non señoriños! ¿Que é o que teño que desir lojo?
(Xb): Tes que dicir: O que a leve que a joda
Volta outra vez en busca do cabalo o pobre de Xan berrando por él... (X): oquealevequeajoda...! oquealevequeajoda...!!! - cando se cruza con él unha parella de granxeiros que viñan da feira cunha porca que acababan de mercar. Pensando que llo estaba a decir a eles, pegaronlle outra tunda a Xan, que non entendía nada, pero, coa experiencia anterior, preguntoulles que era o que tiña que decir, o que os granxeiros respostaronlle (G): Tes que desir... Que a coma de ben jorda.
Así que volta na procura do seu cabalo berrando (X): queacomadebenjorda...! queacomadebenjorda...!! - foi a mala sorte a que fixo que destrás dun petón por ónde estaba a pasar atopábase un home cagando. Este, ó oir a Xan o que berraba, foi cara él e doulle outra malleira.
Xan xa estaba moi mal, pero tiñalle mais medo a muller se voltaba sen o cabalo do que lle tiña ó que lle poidera pasar na busqueda que estaba a facer, polo que, como poido, preguntoulle ó home que o acababa de mallar que era o que tiña que decir. Este dixolle que tiña que decir: Ajua jorda que a barra. Co que voltou Xan ó seu labor berrando polo cabalo (X): ajuajordaqueabarra...! ajuajordaqueabarra...!!!
Resulta que cando estaba a berrar esto pasou por uns labregos que estaban a sementa-la leira e lanzaronse enriba del cos sachos ó escoita-lo, dicindolle: Labregos (L): É a cuarta ves este ano que sementámo-la terra por culpa da peste e ajora vés ti desindo que ajua jorda que a leve...?
Para que lle deixaran de pegar, Xan preguntoulles cómo querían que dixera ó que lle dixeron que debía decir: Dios a dea jorda e brava.
De novo Xan a berrar polo mundo arriba (X): diosadeajordaebrava...! dioadeajordaebrava...!!
Outra vez se volve a cruzar cun home; esta vez cun que estaba enfermo de sarna. Enfermo (E): Xa non podo mais coa miña vida, que esta enfermidade estame a matar, e ainda ves ti a dicirme que Dios a de jorda e brava...
E coas poucas forzas que tiña doulle outra tunda a un Xan que non tiña xa corpo para defenderse. Resignado a súa sorte preguntoulle ó home.
(X): ¡Ai! Perdoe señor homiño!... ¿como teño que desir lojo?
(E): Tes que desir Que se lle seque nas mans!
Case a rastras segueu Xan a busca-lo que lle escapara berrando por él. (X): quesellesequenasmans...! quesellesequenasmans...!!! - De ahí nun anaco, topou cun cura que estaba mexando contra unha parede, e, todo indignado, foi cara Xan berrandolle: Cura (C): Fixenme cura porque a teño moi pequena e ves ti ajora desindo que se me seque nas mans!
Cando chegou onda él doulle un golpe na cabeza cun bastón que levaba, con tan mala sorte (e tendo en conta que Xan xa estaba en moi mal estado) que o matou.
E aquí remata a historia do pobre Xan que encontrou a morte con moito sufrimento por ter contenta a súa muller...

Conto enviado por: Pastora Baña

Contaballo: Seu pai Luciano

Cóntame Pastora que non se lembra se había mais personaxes nin se remataba exactamente así pero que, mais ou menos, é como se acorda ela de como llo contaba seu pai primeiro os fillos e depois os netos.

A area de Camelle

Agora que, como todos podedes ver, empezaron coa obra de "arranxo" da praia de Camelle, hoxe vou a empezar unha nova sección titulada grandes historias de Camelle, gracias a un veciño que me dou a idea, lembrandome o acontecido alá polo ano 68, mais ou menos (eu non me recordo ben, porque daquela pasei varios anos embarcado de cociñeiro na mercante percorrendo o mundo), no noso pobo.
Algún de vós recordará como era a praia de Camelle antes desa data; a area era fina (mais do que o é na actualidade),había dunas o largo do areal e, incluso, había un campo ónde se podía xogar un partido de futbol. O caso é que empezaron a sacar area da praia; cando digo sacar area, refirome a camións de area, viñan con tractores, con remolques, etc... para levála e vendela despois para utilizar na construcción; xente de diversos puntos, de Vimianzo, de Braño...
A area ía indo a menos do mesmo xeito que a indignación dos veciños ía a mais, ata que decidiron denuncia-lo caso a Axudantía, que, coa axuda da Garda Civil, empezaron a controlar un pouco o tema. Pero eran outros tempos e a medida non foi todo o eficaz que debería.
Un día apareceu na pria un tractor no que ían os da Piocha de Braño, con ela o fronte a cargar area, coa pouca vergoña de, ainda por riba, poñerse a berrar dende o alto do tractor en contra dos de Camelle, chamándolles ladróns por "querer quitarlle a area dos seus fillos". Foi aí cando a xente non aguantou mais e, dende a casa do Ruchelo ata Camelle d'riba, empezaron a correr cara a porta de Clara de Braño (onde hoxe en día está a casa de Uxío) a facer unha barricada (foron os que mais ou menos se enteraron porque estaban a ve-lo conto, que si mais xente se entera, mais xente vai).
Alí se xuntaron homes e mulleres, grandes e pequenos, uns con sachos cavando unha zanxa, outros tirando o cerrado de pedras da casa de Clara pó camiño e levantar un muro.
Cando os Piochos viron o movemento de xente, arrancaron o tractor para escapar, pero cando chegaron o camiño, a zanxa xa era mais alto que o tractor e, ó intentar pasar, o vehículo quedou atorado en posición bastante vertical. O mais vello dos Piochos socou unha macheta coa que ameazour a xente, ó tempo que súa nai, cas bragas nos tobillos e un bolso de domingos (parecía doña Urraca) berraba contra todo e contra todos. Ó ve-la macheta a xente empezou a tirarlle pedras que a pouco mais e o deixan no sitio, tendo que ir a Gardia Civil a rescata-los (a eles, que o tractor non se moveu de alí).
A partir de ese momento, a Axudantía deixou de guardía a dous rapaces de Camelle que estaban de ordenanzas facendo a mili (creo que eran José de Concepción e Carlos de Barca) para vixiar que non se volveran a producir expolios, ata qe, finalmente, quedou completamente prohibida a extarcción de area de nosa praia.
Seguro que hai incorreccións no relato porque, como dixen antes, eu nesa época non estaba aquí, polo que si algún de vos quere completa-la historia, ou modificar o que non sexa correcto, podedes escribirme un correo a contosdelelo@gmail.com e cambiareino con gusto.
Esto tamén é un exemplo para os mais novos do que un pobo como Camelle, UNIDO, pode chegar a acadar.

A culebra de Cacholas

Resulta que Cacholas (persona real de Camelle que xa fai tempo que finou) foi ao monte a buscar piñas. Estaba bastante lonxe de Camelle, no monte que hai entre Camelle e Arou, e xa levaba case un saco apañado, cando, de súpeto, doulle un forte apretón no ventre e entráronlle unhas gañas tremendas de cagar.
Cacholas aniñouse ao lado dunhas fieitas e empezou a defecar tan gustamente, cando unha víbora que andaba por alí, trincoulle nos collóns ó pobre Cacholas.
Ó notar a trincada da serpe, apresurouse a correr polo monte cara a Casa do Mar de Camelle para ver ao médico.
Despois dunha hora, chegou a Casa do Mar de Camelle, caeu redondo e morreu.
MORALEXA: As mulleres son iguais que a culebra que lle mordeu ao pobre Cacholas, como che piquen... xa non hai solución posible.

Conto enviado por: Marcos Baña
Contaballo: Seu avó O Prixelo
-
Contame Marcos que este conto sempre llo contaba seu avó cando él lle falaba das rapazas, xa que lle gustaba moito falar de mulleres e do "sexo" e era moi especial neste tema. Por outra banda repetir que con estas contos non se pretende ofender a ninguén nin a ningunha colectividade (léase mulleres neste caso) e que como moi ben dí Marcos: Só é un conto

A peja e o raposo

Contábame meu avó que estaba unha peja coidando do seu niño no alto dun carballo, cando un raposo que pasaba por alí os oiu piar. O raposo estaba afamado, polo que, aproveitando a súa intelixencia, decidiu aproveita-la situación…
Raposo (R): -¡Peja!, ¡Ai peja!! ¿Non me darás un pejiño..?
A peja, sentíndose segura no alto do carballo, contestoulle: Peja (P): -Non che dou, non. ¿Cómo che vou dar un filliño meu?¿Non estas ben da cabeza??
(R) -Peja! Antes de que me enfade… ¿Non me darás un pejiño…?
(P) -Non raposo non, non che vou dar ningún pejiño.
(R) -Pois… ¡¡Arreberitese meu rabo e corte este carballo!!
A peja, temendo que o raposo cortara co rabo o carballo e a comera a ela e a todo-los seus pequenos, decidiu tirarlle o mais pequeño para salvar ós demais. O raposo marchou co paxariño na boca contento co facil que lle fora consegui-la comida.
Voltou o raposo o día seguinte sabendo o que tiña que facer para comer sin traballar e foi directo a peja para preguntarlle: (R) -¡Peja!, ¡Ai peja!! ¿Non me darás un pejiño..?
(P) -Non raposo, xa che dei onte un e só me quedan catro que sacar adiante este inverno, non vas levar mais.
(R) -Pois… ¡¡Arreberitese meu rabo e corte este carballo!!
(P) -¡Ai pobre de mín! Non cortes o carballo raposo, que xa che dou outro…
Cando a pobre peja lle tirou outro pejiño, marchou o raposo abraiado co listo que era e co fácil que resultaba enganar a peja.
A peja quedou no niño disgustada e chorando a todo chorar co desgraciada que se sentía e pola súa mala sorte, sabendo que o raposo voltaría o día seguinte co mesmo conto, cando posou por alí un porcoteixo. Este, oindo laiar a peja preguntoulle que era o que lle pasaba, co que a peja lle relatou a súa historia. Compadecendose da peja dixolle o porcoteixo (PT) – Non chores mais peja, que ese ladrón non che vai facer mais dano, a vindeira vez que che veña co mesmo conto ti tes que dicirlle o seguinte… (…).
Cando voltou o raposo pó outro día, a peja xa o estaba esperando…
(R) -¡Peja!, ¡Ai peja!! ¿Non me darás un pejiño..?
(P) -Non raposo non, non che vou dar ningún pejiño.
(R) -Pois… ¡¡Arreberitese meu rabo e corte este Carballo!!
E dixolle a peja o que lle mandara decir o porcoteixo o día antes…
(P) –Mira raposo, nin o teu rabo corta o carballo, nin o carballo corta o teu rabo, co que marcha d’aquí se non queres que che caje na cabesa.
O raposo marchou co rabo entre as pernas sabendo que por moi listo que un pense que é, sempre hai aguén que sabe mais ca nós.

A crise da pesca

Cá intención de facer un pouco mais amena a vosa visita, hoxe vou a poñer un video dunha serie titulada para mariñeiros nós do youtube, feito por uns rapaces da nosa comarca e co que me rín moito, e que, en tono de humor e coa retranca que nos caracteriza ós jallejos, reflexa o dificil que pode ser para a xente do mar o que agora os politicos se lles dou por chamar "conciliación de la vida laboral y familiar".


Se vos gusta, irei poñendo outros capitulos de vez en cando...

O cura e a rata

Estaba un cura meando
a la puerta de un convento,
vino una rata peluda
y le tiro del "instrumento".
La rata tira que tira.
El cura llora que llora.
-¡Hay San Antonio Bendito!
¡que me arranca la pirola!!

O de castrobuxán

Un dos primeiros que me contaron e, posiblemente, o que teño mais grabado na cabeza, é un pequeno conto en verso de catro líñas que dí asi...

Manolo "pirolo" de Castrobuxán,
fixo unha torre de merda de can,
despois de facela mirou para ela,
e dixo: -"Valjanos Dios! que non ten cheminea"


*NOTA: En ninjún momento se ten inteción con estes relatos, contos ou cantareas de ofender ou menospreciar a ninguén, co que pido desculpas a todos aqueles que se poidan sentir aludidos ou ofendidos co que aquí apareza porque non é esa a intención.

Presentación

Hola a todos...

Chamome Manuel, pero dende rapás sempre me chamaron Lelo. Nacín nun tranquilo sitio da Costa da Morte que se chama Camelle, ainda que a vida me levou a vivir noutros lugares. Hoxe empezo unha aventura nesto de internet que non sei onde me levará.

De pequeno, unha das cousas que mais me gustaban e que recordo con mais nostalxia, era cando o meu avó me contaba contos; contos que xa antes lle contaran a él ou que inventaba para ternos entretidos un anaco.

Un vai tendo demasiados anos e cada vez menos acordos; tampouco teño netos a quen contar nada, e os rapaces de agora non quere saber nada dos vellos, polo que decidín facer este blog para contar aquelas historias que me contaban de neno, e outras cousas que vaian saíndo; pero dende o meu punto de vista, o dun home que xa ten moitos anos e outra maneira de entende-las cousas, esa que dan as canas, os jolpes de mar e os da vida.
.
Ós que vos animedes a ler estas líñas, quero pedirvos que me axudedes a lembrar e me mandedese os contos de cando erades rapaces; contos que os vosos pais ou avós vos relataban para facervos durmir, ou calar, cos que vos animaban ou vos facían chorar ou rir, contos cos que sempre vos ensinaban cousas e vos facían pensar...

Podedes mandarme os vosos contos a contosdelelo@gmail.com e eu ireinos poñendo aquí (intentando ser o mais fiel posible ó relato orixinal que enviedes), dicindo quen me envía o conto e quen llo contaba, sempre e cando mo indiquedes.

Novas

Loading...